A (des)memoria da man de Cartas dende o esquenzo

Como xa comentei noutra publicación, a experiencia en Santiago de Compostela nas instalacións de AGADEA foi magnífica. Aquí abaixo vos deixo unhas imaxes dese día. Agradezo moito ás fotógrafas que inmortalizasen ese momento!

Mais, antes de pasar ás fotos, cómpre lembrar que a experiencia destes dous poemarios sobre o alzhéimer se repetirá o próximo xoves 17 na Coruña. Aquí tendes o evento do Facebook. Non faltedes!

Arquitecturas na Chan da Pólvora

Mañá, Arquitecturas volta a Santiago de Compostela!

Desta vez, será na Libraría Chan da Pólvora da rúa San Pedro ás 21:00 h.

Eu chegarei cantando iso de: «Está fervendo a rúa de San Pedro. Está fervendo a rúa de San Pedro!» dos Ataque Escampe.

Vindes construír canda nós?

Presentación d’Un xardín de medio lado en Santiago de Compostela

Hai unhas semanas, penduraba unha crítica que Armando Requeixo fixo do libro Un xardín de medio lado. 17 poetas da Urutau na Galiza. Hoxe, 7 de novembro, chega este libro conxunto de autores galegos publicados na Urutau a Santiago de Compostela. A cita é ás 20:00 horas.

Paradoxalmente, hoxe cúmprense un ano exacto dende que anunciei nas redes o lanzamento primeiro do meu libro, Linguaxes dixitais. Foi o 14 de decembro do 2018 na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Aproveito a ocasión para reiterar de novo o agradecemento á agrupación e a Emma Pedreira, polo agarimo. E a todos os asistentes, por superar con fartura as miñas expectativas.

O libro que se presenta hoxe contén tres poemas do poemario. Se queredes saber máis sobre o poemario (percurso do mesmo, algúns poemas de mostra, videopoemas, críticas que se fixeron sobre el etc.), non deixedes de visitar as distintas lapelas de Linguaxes dixitais ou dos videopoemas deste mesmo WordPress.

Crítica de Armando Requeixo d’Un xardín de medio lado

Ao pouco de aparecer a crítica que Miguel Anxo Fernán Vello fixo do noso Arquitecturas no Sermos Galiza, apareceu esta outra crítica de Armando Requeixo da antoloxía de poetas galegos presentada por Urutau hai un par de meses: Un xardín de medio lado. 17 poetas da Urutau na Galiza. Neste libro, aparecen tres poemas de Linguaxes dixitais.

Deixo abaixo a captura da páxina escrita por Requeixo e aproveito para anunciar que, proximamente, Arquitecturas volverá a estar por Santiago de Compostela un xoves á noite e chegará por fin a Cee un sábado á noite. Noites de poesía en común! Vindes?

Foto de Marcus Daniel Cabada.

Fotos do lanzamento de Linguaxes dixitais en Compostela

A pasada noite, Linguaxes dixitais chegou, por fin, a Compostela.

Moitas grazas a todos por virdes: aos que me coñeciades e, sobre todo (coma sempre), aos que non.

As palabras de Arancha Nogueira (que me acompañou no acto e aparece nas fotos) foron amábeis e coido que proximamente poderán ser gozadas por todos os que non as escoitaron en directo. Teño esa sorte.

As próximas citas para Linguaxes dixitais son en Vigo (o 4 de maio) e en Ferrol (o 14 de xuño). Até entón, podedes (coma sempre) ver videopoemas e ler algúns poemas na lapela do libro, así como compralo para que chegue ao voso domicilio no menor tempo posíbel.

Presentación Linguaxes dixitais en Compostela (12-abril-2019) 2
Foto: Carlos Rúa Junquera

Presentación Linguaxes dixitais en Compostela (12-abril-2019)
Foto: Carlos Rúa Junquera

Presentacións en Compostela e Vigo

Hoxe comeza a semana da poesía. Agardo que a gocedes moito!

No entanto, aproveito para anunciar próximas presentacións de Linguaxes dixitais.

Óllome coa xente de Santiago de Compostela o 12 de abril ás 21:00 h no Modus Vivendi. Aquí tendes o evento de Facebook, por se queredes marcar a data.

Vexo á xente de Vigo o 4 de maio ás 21:00 no Café Uf. Aquí tendes o evento de Facebook, por se queredes marcar a data.

Gaudí, quen fixo arquitectura da filosofía

Antoni Gaudí proxectou arquitectura da súa filosofía construtiva sobre o espazo e o tratamento das formas naturais. Ou iso gosto de pensar eu. E non hai cousa que me encha máis que o baleiro. Así que quixen escribir algo por mor desta coincidencia vital, que partillo con vós.

Poema polo día da Patria (2018)

Poema sen título e un pouco improvisado sobre o día da Patria, no 25 de xullo do ano 2018.
Temática: poesía sobre a terra, a patria, Galiza, Santiago de Compostela, a praza do Obradoiro, o ceo e a noite compostelá.