Linguaxes dixitais no ZigZagDiario comentado por Estíbaliz Espinosa Río

O pasado 26 de marzo, estiven no ZigZagDiario (TVG) presentando o meu Linguaxes dixitais. Apenas dúas semanas despois (10 de abril), Estíbaliz Espinosa Río levou o meu libro para falar sobre el na súa sección literaria no programa, onde conxuga: ciencias, letras e divulgación.

Podedes ver o vídeo desde a lapela de Linguaxes dixitais ou dende esta ligazón directa ao programa. Ides namorar dos meus versos na súa voz! Lembrade, ademais, que poderedes ouvir os meus versos na miña voz nas próximas citas de presentacións: en Compostela o próximo día 12 de abril e en Vigo o próximo día 4 de maio.

Aproveito para recoller nesta publicación que hoxe está de aniversario unha das persoas que son motor da miña produción poética: a miña propia e particular Alois Alzheimer. 90 anos dando guerra.

Con abu en xullo do 2017 no río de San Saturnino

Presentacións en Compostela e Vigo

Hoxe comeza a semana da poesía. Agardo que a gocedes moito!

No entanto, aproveito para anunciar próximas presentacións de Linguaxes dixitais.

Óllome coa xente de Santiago de Compostela o 12 de abril ás 21:00 h no Modus Vivendi. Aquí tendes o evento de Facebook, por se queredes marcar a data.

Vexo á xente de Vigo o 4 de maio ás 21:00 no Café Uf. Aquí tendes o evento de Facebook, por se queredes marcar a data.