A un paso!

Veño de recoller a proba previa a que entre ao prelo A (des)memoria. Só resta un paso para que o que teña nas mans sexa o de verdade.

Videoteca na AELG

Hai unhas semanas, chamáronme da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) para me facer unha videoteca e unha fototeca que pendurar na miña páxina de socia. Como me pillaba ao lado da casa, non me puiden negar e alá fun!

A fototeca aínda non está dispoñíbel (xa avisarei), mais a videoteca xa si. Son catro vídeos independentes:

  1. Lectura dun poema de Linguaxes dixitais, que tamén podedes ver aquí videopoemado. Preme aquí para ver o vídeo.
  2. Lectura dun poema de Pilar Pallarés. Preme aquí para ver o vídeo.
  3. Resposta á pregunta da orixe da miña vocación literaria e por que comecei a escribir. Preme aquí para ver o vídeo.
  4. Resposta sobre os meus referentes literarios ou que autorías alimentan a miña obra. Preme aquí para ver o vídeo.

Se non che interesan estes catro vídeos, recoméndochos igualmente porque case non me equivoquei dicindo o que pretendía, estou perfectamente maquillada e non se me notan nada as olleiras. Un luxo que se verá mellorado o día que penduren as fotos. Agardando fico recomendándovos voces e libros (no vídeo 4) do meu percurso persoal.