A un paso!

Veño de recoller a proba previa a que entre ao prelo A (des)memoria. Só resta un paso para que o que teña nas mans sexa o de verdade.

Poesía galega novísima

A Editorial Urutau, que me publicou Linguaxes dixitais hai pouco máis de dous anos, vén de lanzar a prevenda dun novo libro en colaboración de moitas voces galegas de menos de 30 anos.

Se queres un exemplar, mércao aquí até o día 10 de decembro. Pode que con el chegue un agasallo!

A continuación, o primeiro agasallo. O texto deste videopoema está na páxina 120 do libro!