A (des)memoria no ZigZag

Hai uns días, tiven a sorte de abrir as portas do meu fogar a un equipo moi especial: o marabilloso entrevistador Ángel Suanzes e o seu compañeiro cámara (de quen lamento non lembrar o nome). Desa mañá, sae este traballo que se emitiu no ZigZag hoxe, 17 de marzo do 2022.

Moi agradecida e desexando outra experiencia moi axiña, déixovos o vídeo. Premede na seguinte imaxe ou na ligazón de abaixo.

https://www.g24.gal/-/a-des-memoria-un-poemario-arredor-do-alzheimer?p_l_back_url=%2Fsearch%3Fq%3DClara%2BVidal

Linguaxes dixitais no ZigZagDiario comentado por Estíbaliz Espinosa Río

O pasado 26 de marzo, estiven no ZigZagDiario (TVG) presentando o meu Linguaxes dixitais. Apenas dúas semanas despois (10 de abril), Estíbaliz Espinosa Río levou o meu libro para falar sobre el na súa sección literaria no programa, onde conxuga: ciencias, letras e divulgación.

Podedes ver o vídeo desde a lapela de Linguaxes dixitais ou dende esta ligazón directa ao programa. Ides namorar dos meus versos na súa voz! Lembrade, ademais, que poderedes ouvir os meus versos na miña voz nas próximas citas de presentacións: en Compostela o próximo día 12 de abril e en Vigo o próximo día 4 de maio.

Aproveito para recoller nesta publicación que hoxe está de aniversario unha das persoas que son motor da miña produción poética: a miña propia e particular Alois Alzheimer. 90 anos dando guerra.

Con abu en xullo do 2017 no río de San Saturnino

Entrevista no ZigZagDiario

Déixovos aquí a entrevista que me veñen de facer en directo no ZigZagDiario. 👈

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/zigzag-4071439?t=0

Linguaxes dixitais continúa viaxando! Se vas estar en Compostela o día 12 de abril ou en Vigo o 4 de maio, podo asinarche un exemplar en persoa. Se non, mércao como indico aquí e deixa o teu enderezo postal para que chegue a ti canto antes.