Masaxe con argán mal pronunciada saíu do prelo!

Tal e como veredes neste vídeo, Masaxe con argán mal pronunciada xa chegou a papel.

Nuns días, chegará ás vosas librarías de confianza. Se non o teñen, podedes pedirlles que o pidan ou falar comigo.

Tic-tac, tic-tac…!

Pisando forte!

Xa non queda moito tempo para que Masaxe con argán mal pronunciada sexa libro!

Nesta recta final, a creación vai a mil. Case tan rápido como os retos. O novo desafío?: aprender a ilustrar. E parece que as ilustracións veñen pisando forte!

Ilustración de Clara Vidal.
© Clara Vidal.

Entrevista para Galegos no Baix, da Ràdio Sant Boi

Esta tarde (16/11/2023), Xulio Cougil e Armando Fernández entrevistáronme en Galegos no Baix, de Ràdio Sant Boi.

Deunos tempo a falar un pouquiño de todo en apenas media hora. Se queredes escoitar, dende calquera parte do mundo, podedes premer aquí.

Moitas grazas por contar comigo!

Clara Vidal gaña o XVIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Masaxe con argán mal pronunciada foi a obra que, aberta a plica, resultou gañadora do XVIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. O libro será publicado no mes de maio do 2024 por Caldeirón.

Quero agradecer aos membros do xuri a súa elección e palabras adicadas á mesma. En breves, partillarei aquí o fallo que realizaron. É para min un pracer acadar un premio no único certame da Galiza que, ano tras ano, publica poemarios de temática erótica escritos en galego.

Deixo algunhas imaxes da recollida do premio, entregado na Cea das Letras en Malpica de Bergantiños o 11 de novembro de 2023. Cea na cal se me tratou como parte xa da familia Caldeirón!