Vídeo-poesía

O Verbo

A piques de estoupar,
o meu cerebro abate.

Aínda hai verbas capaces
de aniquilar estratos.

Sábeme mellor
o viño do teu corpo
entre herba seca.

Vou suando palabras polas mans.

Serve
a miña carne para un apuro
de Géricault nas balsas.
Porque a miña polidipsia
fai que me lembres
cando notas esa sede.

Aínda hai verbas capaces
de aniquilar estratos.

Estase a escapar a túa excitación
polos ocos do verso.
Demasiado espazo entre os corpos.

Calquera liña
é un pleonasmo do teu nome.

Pero é que aínda hai verbas                capaces
e non me sae pronuncialas.

O xogo das bólas

Ciscallar
as memorias todas da infancia
no chan baleiro.

Quen non te recorda
revelada?

Pasabamos polas persoas importantes
coma o vento polos pelos en punta.

Superficiais intentos de apreixarnos.

Friaxe da                sempre-neve.

Fito de fronte contra ti,
sen capelexar,
tête-à-tête coas engurras do teu plano
que me levan                       por calquera dos camiños
ao meu aspecto en trinta anos.

Tremo agora sen frío.
Ti aínda miras.

Por que
ninguén
se desfai chorando
cando morre o tempo?

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s