Premio Biblioteca González Garcés

Poema premiado no II Certame de Poesía da Biblioteca González Garcés de A Coruña (no 2015).

Terra, que cuspiches inzo
sobre o humus máis
profundo,

vólvoche              para parirte os fillos

que me empreñaches
violándome a lingua
e profanándome
o corpo.

Velaquí os froitos
da túa miseria falmaguenta.

Observa o que reclamas.
Non volverás ver beleza
expulsada
por ti,               exiguo fastío.

Vascúllame as metáforas,
téimame as vantaxes da antese,

déixame acernarte.

E cando fiques
sen gallas,
póla a póla,
lamberei o teu zume
para encolarte enteira

e              logo disolverte,

terra miña.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s