Érasmu(s) una vez…

Tradución dun poema pertencente ao micro-poemario Érasmu(s) una vez…, gañador do XXI Premio de Creación Literaria e Ensaio da Universidade da Coruña no 2014 e publicado na súa lingua orixinal no 2015 pola Universidade da Coruña. O poema, porén, foi escrito no 2012 e traducido ao galego no 2018.

Quero facer contigo
o que os físicos fan
nos laboratorios.

Mirarte.
Mirarte e verte.
Observarte.
Verte, pero verte ben.
Non supor que aí tes un prego
ou unha engurra:
ter a certeza!
Mirarte para saber
onde                     tes         que, que cousa,
en que tamaño e posición          exacta.
Cando naceu,
anotar canto dura.
Se é permanente…
Se te curo con bicos…
Se é sangue, ferida.
Se eu manco.
Estudarte.
Saberte.
Matricularme en ti.
Aprobar con matrícula.
Ser Honra.
Dicirche que collas os libros,
que os cisques no chan
e deites encol del,
xa que hoxe toca anatomía
sobre a túa mesa de experimentos.
Entre sabas.
E a lección vai ser
os rastros da túa tinta achocolatada,
acolchada,
zarrapicados sobre o teu corpo
inodoro.
(Inmensa suma).
A túa pel. A túa branca pel.
A túa pel peluda, suave, tersa,
de mandarina.
A túa pel tremendo.
A túa pel expectativa.
A túa pel.
A túa doce pel.
A túa fermosa pel espida.
A túa pel esvaradía
escorregando,
facéndonos auga.
En ebulición.
En Fahrenheit.
A túa pel na miña.

E apuntar os teus datos
sen tomar nota.
Estouparte.
Facerte fume.
Vaporizar a probeta
e asinar –en segredo–
o meu descubrimento:
xa sei que existes!

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s