Combate poético na Coruña

Caía do ollo
de faísca a bágoa
a abrasarme París.

Brazo de tizón
lanzando argumentadas
que ían deixando o eterno
van.

Díxome:
«quéimate,
isto remata aquí,
quérote                                lonxe».

E como da cinsa,
vascullei no po a embute
xuntando o que foramos
e refixen o amor desta maneira.

Esculpinnos,
atopei co teu ollar de fronte
e cravei coa voz:
«tes follas
caducas».

Tan elegante eu
–coma sempre–
co meu corpo tensando o relevé continuo,
agardei

(embaixo de ti)

a potencia da túa declaración
en silencio vibrando.

Non dixen ren
e agardei,
de novo,          a forza do bico
primeiro.

Antes, bisbara:
«ti non fuches
a miña historia derradeira.

Ti
es».

Como a unidade mínima de herdanza xenética,
que te preciso.
Porque es os referentes todos
en todos os versos.
En todos os poemas,  estás.

E non entendo como
eu persistía aínda
debaixo           de ti,
moi lonxe da porta de escape
que levaba ao portal,

pequena enfermidade aditiva,
cápsula voadora,
xerme de vocativos,
bosque verde,
precoz,
alburgueiro,

animal.

O que leva a París: «O Verbo»
O que leva a París: «O Verbo»
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s