Prevenda do meu novo poemario!

Linguaxes dixitais verá a luz antes de rematar o 2018. Este poemario reúne poemas escritos ao longo de moitos anos. Nas próximas semanas, poderedes ver algún traballo anexo que elaborei para dar a coñecer o libro, comezando por este videopoema xa pendurado na miña canle de YouTube.

Ademais de informarvos desta boa nova, escribo este artigo para facer unha prevenda porque o libro está editado nunha editorial brasileira e facerse con el non vai ser moi doado para xente que non viva no Brasil. Antes de enviar o poemario ao prelo, eu farei un pedido de moitos libros. Se queres formar parte dese paquete que me chegará a min e que eu me encargarei de repartir entre a xente que o merque tan cedo como sexa posíbel, tan só terás que pagar o prezo do libro. Se non queres obter o libro a través de min, este estará á venda en cuestión de semanas na páxina da editorial, mais terás que pagar o custo do libro e tamén o do transporte (é dicir, 12 €+gastos).

A forma da prevenda será sinxela:

  1. ingresa 12 € (o que custa o libro) no meu PayPal e…
  2. cubre o formulario que aparece a continuación. No caso de non ter PayPal, fala comigo.

 

Obrigadísima a todas as persoas que queren ter o meu libro no seu andel de poesía en galego e a todas as que estiveron ao longo do proceso de creación e de edición ao meu carón.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s